lunes, 4 de mayo de 2020

Adestramentos sinxelos para facer na casa

Aquí tendes unha serie de exercicios adaptados para que poidades facer na vosa casa, sempre coa supervisión dun adulto, cun quencemento e tempo para estirar posterior á actividade adecuado e respectando os tempos de recuperación e hidratación.

Inda sodes moi novos, pero está ben que teñades unha pequena toma de contacto con exercicios e movementos que en breve serán cotidianos e comúns para vós.

Un exemplo de dinámicas sinxelas que podedes practicar cada certo tempo son as seguintes:





Despois do exercicio lembrade sempre...estirar! Aquí tendes algunhas ideas:



Xogos tradicionais: "A rá"


Continuando cos xogos tradicionais ou populares, ímonos parar agora no xogo da rá. Este xogo no que traballamos fundamentalmente o lanzamento de precisión, consiste en tratar de meter unhas boliñas ou chapas nos diferentes buratos ós que lles daremos unha puntuación segundo a súa dificultade, que normalmente ven dada pola distancia á que se atopa ou polo tamaño do burato.

Deixámosvos un tutorial no que podedes observar como facer un xogo da rá doméstico e a continuación unha serie de enlaces nos que observaredes outro tipo de alternativas.
Podedes pensar máis xeitos de construir a vosa propia e orixinal rá para poder xogar. Seguro que tendes algo preto de vós que vos serve para creala. 



Outros enlaces para poder crear un xogo da rá diferente que podedes consultar son os seguintes:




domingo, 3 de mayo de 2020

Xogos tradicionais

Bos días! Hoxe queremos deixarvos un video no que se recopilan unha gran cantidade de xogos tradicionais galegos para que teñades de referencia, e posteriormente trataremos de practicar algún que poidamos levar a cabo na propia casa ou nos momentos que agora podedes estar na rúa cos vosos familiares.
En primeiro lugar votade un vistazo:


Seguramente, xa coñeciades moitos dos xogos que aparecen neste video, por iso se chaman tradicionais ou populares, porque son ou foron moi practicados na zona onde vivides.

A continuación, para que poidades comenzar a practicar, imos propoñer"O 3 en raia ".


A versión común, é moi sinxela e podedes xogar nun papel. Simplemente debedes elexir cruces ou círculos e xogando por turnos cun compañeiro/a, conseguir poñer 3 círculos ou 3 cruces en línea.
Pode ser tanto en posición vertical, como horizontal ou diagonal.
Esta sería a versión tradicional e máis sinxela pero ímosvos propoñer outras posibles alternativas.

Neste primeiro video aparece unha versión por equipos como exemplo, que poderiades adaptar como ides ver no segundo video para xogar só con dous xogadores.

Inda que vexades que empregan aros ou petos de cores, vós podedes xogar con tapóns ou chapas de diferentes cores e en lugar de aros podedes pintar con tiza no chan na rúa ou facelo con cinta adhesiva na casa ou vasos de plástico no que poidades meter os vosos tapóns. Esto só son ideas, despertade a vosa imaxinación para adaptar o xogo.



Aquí un exemplo dunha variante divertida para dous, que tamén podedes facedes facer na rúa ou nun corredor da vosa casa(pero ollo, sen lanzarse ó chan , vale? jaja). 


E unha versión máis...complicada! jaja


Esperamos que vos guste e o practiquedes. Un saúdo!

martes, 28 de abril de 2020

Reto 4 (Equilibrio e coordinación)

Retomamos os retos físicos e neste caso imos facer un reto con globos, pero non vos preocupedes, que se non tedes globos, que a continuación, propoñemos unha alternativa diferente.

A)Desafío globos:


B)Desafío coordinación y equilibrio:


O segundo é algo máis complexo, pero estou seguro de que o ides superar sen problemas! 

Ánimo que o retorno á normalidade está cada vez máis próximo, non nos imos a render agora.

Circuitos motrices (Psicomotricidade)

Nestes videos que vos deixamos a continuación, poderedes tomar novas ideas para xogar cos vosos nenos/as e con diferentes materiais xa que somos conscientes de que non temos de todo na casa , por iso na variedade está o gusto como se dí.


Tomade ideas e tratade de poñelas en práctica, segura que podedes:






Estaredes pensando...pasar por riba da mesa? Sí, tendes razón hai cousas que mellor non facelas salvo que teñades material moi vello claro.

Só ideas, non destrozos, vale rapaces? Adaptade sempre o material para non causar estragos. 

lunes, 27 de abril de 2020

Xogamos con material de refugallo

Hoxe imos ver unha serie de xogos con material de reciclaxe que podedes facer na casa durante estes días:


A) "As pontes de cartón"

Este xogo ten como fin pasar un obxecto (chapa ou tapón) por un tubo de papel ou cartón (papel hixiénico, rollo de servilletas).

O tubo pegase no chan con cinta ou celo e xa temos unha ponte. Pódese xogar co número de xogadores que queiramos.

A idea é que despertedes a vosa imaxinación creando diferentes circuitos con diferentes materiais e tratar de superar tódolos obstáculos.


B) "Imos ó turrón"

Este xogo consiste en colocar por casa calcetíns, trozos de cartón ou o que queirades, de xeito que haxa que lanzar chapas, tapones ou calquer outra cousa.
O obxectivo é que o obxecto se quede enriba do calcetín ou trozo de cartón.
Podemos usar diferentes sistemas de puntuación como o que o consiga primeiro ou o que máis consiga en 10 lanzamentos etc.


C) "Aterriza como podas"


Por parellas, cada un co seu propio avión de papel.

O xogo consiste por turnos, en lanzar o avión de papel tratando de que aterrice nalgunha parte do compañeiro, por exemplo as mans, sen tocar o chan. Un ha variante e que  a persoa que non lance poda moverse para tratar de collelo antes de que caia.

No caso de que caia ó chan, cambiamos de lanzador.


Deixámosvos un tutorial para facer avións chulos por si vos interesa:



Probade algún ou todos eles e xa veredes que divertido!

Un saúdo, esperamos que vos gusten.

jueves, 23 de abril de 2020

Recursos de utilidade

Deixámosvos na parte dereita do blogue un acceso directo a esta nova iniciativa da Consellería para que poidades acceder sempre que queirades dun xeito máis sinxelo.

O símbolo que deberedes pinchar para entrar é o seguinte:


Tamén engadimos un recurso educativo adaptado a diferentes idades, chamado Ludos, con contidos relacionados coa Educación Física e que tamén atoparedes na barra dereita co seguinte logo:


Un saúdo!