jueves, 18 de junio de 2020

Despedida veraniega

Chegado este día, tras moitos días compartindo con vós durante o confinamento e agora coa chamada nova normalidade, queremos desexarvos un feliz verán a todos e todas.

Agradecemos o voso esforzo enviando os vosos materiais e tódalas mensaxes valorando o noso traballo. Debedes saber que nós tamén valoramos moito o voso e non só sodes vos os que aprendedes coas actividades senón que nós coma mestres tamén aprendemos de vós día a día e desta incómoda situación que nos tocou vivir a todos.

Ós que cambiades de etapa, desexámosvos que teñades moita sorte na nova e foi un placer ser os vosos mestres e poder compartir moitos momentos con vós, votarémosvos de menos e esperamos que veñades a visitarnos.

Non teñades medo de trabucarvos xa que todo iso vaivos facer crecer coma persoas e ides ser capaces de superar calquer problema, só tedes que esforzarvos. 

Ó resto esperamos verbos en setembro polos corredores da nosa escola con total normalidade e con enerxías para recobrar o tempo perdido.

Para finalizar deixámosvos uns consellos que vos poden ser de utilidade para o verán e un pequeno obsequio dos mestres de E.F para vós:

-Construíde castelos de area.
-Lede un pouco tódolos días.
-Axudade a poñe-la mesa.
-Disfrutade dun concerto.
-Acampade na natureza.
-Facede manualidades.
-Probade un xeado diferente.
-Voade un papaventos.
-Escribide unha historia.
-Axudade a face-la compra de productos saudables para practicar a suma, resta e a multiplicación.
-Contemplade o pór do sol.
-Xogade a un xogo de mesa en familia.
-Facede exercicio.
-Facede unha cabaña.
-Mirade ás estrelas de noite.
-Xogade, e xogade e xogade moito!


Esperamos vos gustase o blog e vos fose de utilidade neste tempo, o vindeiro curso... continuaremos.

miércoles, 17 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Hoxe toca un adestramento de forza, resistencia e pliometría cun rapaz que quere chegar ó verán en plena forma, e amósanos nos seguintes videos os seus métodos de traballo.
Se segue a este ritmo...pronto estará preparado para  ir a unha maratón, un triatlón ou unha Olimpiada.




Estamos moi satisfeitos de ter unha xeración de atletas e deportistas de tan alto nivel en Galán. 

Bravo, a seguir así!

martes, 16 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Como nos enche de ledicia ver a estes rapaces de novo. Nesta ocasión amósannos diferentes modalidades deportivas para practicar na casa e na rúa.
Dixéronnos tamén que estivéstedes practicando o baile de "madre terra" pero non conseguístedes envialo. Non vos preocupedes e gracias por intentalo.
Parécenos moi interesante que participásedes no tradicional torneo "Migueliño" de Judo, unha moi boa iniciativa facelo on line.
Pasamos a mostrar as vosas imaxes que xa o relatan mellor ca min, parécevos?

Bravo campións! Esperamos que poidades disfrutar dun verán cheo de xogos e paseos. 

Un abrazo!

domingo, 14 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Seguimos recibindo mostra da grande canteira de deportistas que temos en Galán, e neste caso cun rapaz polifacético que polo que observamos aproveitou ó máximo as fases da desescalada para recuperar o tempo perdido. 

Este rapaz é un todo terreo. Mirade a cantidade de actividades que lle deu tempo a practicar:

Aquagym


Tenis de mesa


Ciclismo; estrada e montaña






Moitísimas gracias por mandarnos os teus videos, a verdade é que o fas xenial e gústanos moito verte tan activo, así que non pares! 
Practicar todas esas disciplinas en medios diferentes,fará que desenvolvas unha gran variedade de habilidades ademáis de ser moi enriquecedor e divertido.

Un abrazo e ata pronto! 

miércoles, 10 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

E agora con todos vós, unha deportista 3 en 1 que nos manda materiais dunhas das moitas disciplinas que manexa. Neste caso ciclismo, dominio de exercicios ximnásticos e danzando dúas coreografías; a primeira da canción"Dance" de Justin Timberlake e a segunda "Madre Tierra" de Chayanne.
Encántannos ademáis todos os teus looks moi adecuados para cada situación. Estás feita toda unha artista-deportista.

Moitas grazas por amosarnos tantas cousas, agardamos que estés disfrutando e aproveitando para xogar nestes días que xa podedes estar máis en contacto coa natureza.




Tamén queremos destacar outro rapaz que nos quixo mostrar en imaxes o seu poderoso sprint. Coidado con esa cámara, que este rapaz é coma un raio!


E por último, unha nena que tamén podería formar parte de ese club ciclista que nos estades demostrando que podedes completar. 

Mirade que dominio ten e o ben que o fai:



Así nos gusta, ademáis dando exemplo cunha boa protección.

 Con velocidade pero con cautela, perfecto!

lunes, 8 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Eu de vós tería coidado cos nenos/as que vos presentamos a continuación, xa que dominan diferentes chaves dunha poderosa arte marcial chamada Ju-jitsu, e nas fotos poderedes observar algunha delas como "o Mata león" ou "O triángulo". Pero non debemos temer porque o fan só por diversión e formación nunha disciplina moi interesante.
Ademáis dinnos, que tódolos días corren media hora na cinta e que fan moitas excursións porque lles encanta trepa-las árbores. Eso sí, non lle fagades o Mata león a ningunha vale? je,je.

Nadan, andan en bicicleta...en fin, mellor que o vexades vós mesmos:







Moitas gracias polas fotos, vese que o estades pasando fenomenal! Unha aperta moi forte.

viernes, 5 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

A continuación, temos unha gran demostración multideportiva por parte de dous irmáns que traballaron moito durante éste confinamento e queren amosárnolo a través de estes dous videos.
Non sabemos se estiveron comprobando quen fai mellor cada cousa, pero o que sí é seguro, é que o pasaron fenomenal coa colaboración dos seus familiares.

Encántanos ver tal diversidade de actividades e vervos tan en forma.

Gracias por enviarnos os vosos videos!



Xogos na natureza

Buscando buscando, atopamos unha páxina interesante que nos fala de como achegar a Educación Ambiental os nosos pequenos a través de 4 divertidos xogos.

É importante ter claro que na natureza os nenos/as aprenden, os entornos naturais amosan valores e debemos estar concienciados desde novos da importancia que ten coidar o noso medio ambiente. 

Enseñar a los niños a cuidar el medio ambiente

1. Dar paseos pola natureza

Quizá podemos facer unha excursión á montaña, podemos planear unha tarde de sendeirismo, unha ruta por un val...
Podemos aproveitar estas xornadas silvestres para contarlles ós pequenos que non podemos deixar no campo os desperdicios que xeramos na comida, que hai que respetar os ecosistemas que nos rodean, que non podemos levantar as pedras porque poderiamos estar estropeando a casa dalgún insecto...

2. O xogo das pistas
A natureza é o lugar idóneo para organizar un xogo de pistas para os nenos. Trátase de ir deixando unha serie de códigos ou de pegadas de animais que deben ir adiviñando. Tamén lles podemos propor que averigüen as especies de árbores que os rodean ou os cantos dos paxaros que se escoitan... Todos estos xogos conseguirán que os nenos se deteñan a observar e vivir o entorno natural que os rodea.

Actividades infantiles sobre el medio ambiente

3. Plantar un garabanzo

Unha actividade tan sinxela como plantar un garabanzo nun pequeno envase (ou parte de embaixo dunha botella) pode ser moi emocionante. Os nenos/as vivirán todo o proceso de plantación, regado e crecemento dunha planta.

4. Encesta os residuos

Collemos caixas ou cestas ós que lles poñemos algún tipo de cartel dunha cor: azul, verde, amarelo ou marrón. Trazamos unha línea no chan, que será onde se situarán os participantes do xogo, e a certa distancia poñemos as caixas ou cestas. A continuación, dámoslles ós nenos/as distintos residuos: botellas de plástico, unha revista de papel, a cáscara dun plátano... ¿Serán capaces de encestalos no contenedor adecuado?

Esperemos que poidades disfrutar da natureza nestes días na compaña das vosas familias.Un saúdo!

lunes, 1 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Estamos de noraboa, xa que temos a primeira coreografía da canción "Madre Tierra", interpretada por dous grandes amigos que amosan gran compenetración e habilidade para o baile. Nótase que estivéstedes practicando!

Grazas polo voso empeño e esperamos que disfrutásedes facendoo. 


(Lamentamos non poder subir o video de máis calidade, xa que excede o tamaño máximo permitido polo blog)