jueves, 18 de junio de 2020

Despedida veraniega

Chegado este día, tras moitos días compartindo con vós durante o confinamento e agora coa chamada nova normalidade, queremos desexarvos un feliz verán a todos e todas.

Agradecemos o voso esforzo enviando os vosos materiais e tódalas mensaxes valorando o noso traballo. Debedes saber que nós tamén valoramos moito o voso e non só sodes vos os que aprendedes coas actividades senón que nós coma mestres tamén aprendemos de vós día a día e desta incómoda situación que nos tocou vivir a todos.

Ós que cambiades de etapa, desexámosvos que teñades moita sorte na nova e foi un placer ser os vosos mestres e poder compartir moitos momentos con vós, votarémosvos de menos e esperamos que veñades a visitarnos.

Non teñades medo de trabucarvos xa que todo iso vaivos facer crecer coma persoas e ides ser capaces de superar calquer problema, só tedes que esforzarvos. 

Ó resto esperamos verbos en setembro polos corredores da nosa escola con total normalidade e con enerxías para recobrar o tempo perdido.

Para finalizar deixámosvos uns consellos que vos poden ser de utilidade para o verán e un pequeno obsequio dos mestres de E.F para vós:

-Construíde castelos de area.
-Lede un pouco tódolos días.
-Axudade a poñe-la mesa.
-Disfrutade dun concerto.
-Acampade na natureza.
-Facede manualidades.
-Probade un xeado diferente.
-Voade un papaventos.
-Escribide unha historia.
-Axudade a face-la compra de productos saudables para practicar a suma, resta e a multiplicación.
-Contemplade o pór do sol.
-Xogade a un xogo de mesa en familia.
-Facede exercicio.
-Facede unha cabaña.
-Mirade ás estrelas de noite.
-Xogade, e xogade e xogade moito!


Esperamos vos gustase o blog e vos fose de utilidade neste tempo, o vindeiro curso... continuaremos.

miércoles, 17 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Hoxe toca un adestramento de forza, resistencia e pliometría cun rapaz que quere chegar ó verán en plena forma, e amósanos nos seguintes videos os seus métodos de traballo.
Se segue a este ritmo...pronto estará preparado para  ir a unha maratón, un triatlón ou unha Olimpiada.




Estamos moi satisfeitos de ter unha xeración de atletas e deportistas de tan alto nivel en Galán. 

Bravo, a seguir así!

martes, 16 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Como nos enche de ledicia ver a estes rapaces de novo. Nesta ocasión amósannos diferentes modalidades deportivas para practicar na casa e na rúa.
Dixéronnos tamén que estivéstedes practicando o baile de "madre terra" pero non conseguístedes envialo. Non vos preocupedes e gracias por intentalo.
Parécenos moi interesante que participásedes no tradicional torneo "Migueliño" de Judo, unha moi boa iniciativa facelo on line.
Pasamos a mostrar as vosas imaxes que xa o relatan mellor ca min, parécevos?

Bravo campións! Esperamos que poidades disfrutar dun verán cheo de xogos e paseos. 

Un abrazo!

domingo, 14 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Seguimos recibindo mostra da grande canteira de deportistas que temos en Galán, e neste caso cun rapaz polifacético que polo que observamos aproveitou ó máximo as fases da desescalada para recuperar o tempo perdido. 

Este rapaz é un todo terreo. Mirade a cantidade de actividades que lle deu tempo a practicar:

Aquagym


Tenis de mesa


Ciclismo; estrada e montaña






Moitísimas gracias por mandarnos os teus videos, a verdade é que o fas xenial e gústanos moito verte tan activo, así que non pares! 
Practicar todas esas disciplinas en medios diferentes,fará que desenvolvas unha gran variedade de habilidades ademáis de ser moi enriquecedor e divertido.

Un abrazo e ata pronto! 

miércoles, 10 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

E agora con todos vós, unha deportista 3 en 1 que nos manda materiais dunhas das moitas disciplinas que manexa. Neste caso ciclismo, dominio de exercicios ximnásticos e danzando dúas coreografías; a primeira da canción"Dance" de Justin Timberlake e a segunda "Madre Tierra" de Chayanne.
Encántannos ademáis todos os teus looks moi adecuados para cada situación. Estás feita toda unha artista-deportista.

Moitas grazas por amosarnos tantas cousas, agardamos que estés disfrutando e aproveitando para xogar nestes días que xa podedes estar máis en contacto coa natureza.




Tamén queremos destacar outro rapaz que nos quixo mostrar en imaxes o seu poderoso sprint. Coidado con esa cámara, que este rapaz é coma un raio!


E por último, unha nena que tamén podería formar parte de ese club ciclista que nos estades demostrando que podedes completar. 

Mirade que dominio ten e o ben que o fai:



Así nos gusta, ademáis dando exemplo cunha boa protección.

 Con velocidade pero con cautela, perfecto!

lunes, 8 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Eu de vós tería coidado cos nenos/as que vos presentamos a continuación, xa que dominan diferentes chaves dunha poderosa arte marcial chamada Ju-jitsu, e nas fotos poderedes observar algunha delas como "o Mata león" ou "O triángulo". Pero non debemos temer porque o fan só por diversión e formación nunha disciplina moi interesante.
Ademáis dinnos, que tódolos días corren media hora na cinta e que fan moitas excursións porque lles encanta trepa-las árbores. Eso sí, non lle fagades o Mata león a ningunha vale? je,je.

Nadan, andan en bicicleta...en fin, mellor que o vexades vós mesmos:







Moitas gracias polas fotos, vese que o estades pasando fenomenal! Unha aperta moi forte.

viernes, 5 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

A continuación, temos unha gran demostración multideportiva por parte de dous irmáns que traballaron moito durante éste confinamento e queren amosárnolo a través de estes dous videos.
Non sabemos se estiveron comprobando quen fai mellor cada cousa, pero o que sí é seguro, é que o pasaron fenomenal coa colaboración dos seus familiares.

Encántanos ver tal diversidade de actividades e vervos tan en forma.

Gracias por enviarnos os vosos videos!