jueves, 18 de junio de 2020

Despedida veraniega

Chegado este día, tras moitos días compartindo con vós durante o confinamento e agora coa chamada nova normalidade, queremos desexarvos un feliz verán a todos e todas.

Agradecemos o voso esforzo enviando os vosos materiais e tódalas mensaxes valorando o noso traballo. Debedes saber que nós tamén valoramos moito o voso e non só sodes vos os que aprendedes coas actividades senón que nós coma mestres tamén aprendemos de vós día a día e desta incómoda situación que nos tocou vivir a todos.

Ós que cambiades de etapa, desexámosvos que teñades moita sorte na nova e foi un placer ser os vosos mestres e poder compartir moitos momentos con vós, votarémosvos de menos e esperamos que veñades a visitarnos.

Non teñades medo de trabucarvos xa que todo iso vaivos facer crecer coma persoas e ides ser capaces de superar calquer problema, só tedes que esforzarvos. 

Ó resto esperamos verbos en setembro polos corredores da nosa escola con total normalidade e con enerxías para recobrar o tempo perdido.

Para finalizar deixámosvos uns consellos que vos poden ser de utilidade para o verán e un pequeno obsequio dos mestres de E.F para vós:

-Construíde castelos de area.
-Lede un pouco tódolos días.
-Axudade a poñe-la mesa.
-Disfrutade dun concerto.
-Acampade na natureza.
-Facede manualidades.
-Probade un xeado diferente.
-Voade un papaventos.
-Escribide unha historia.
-Axudade a face-la compra de productos saudables para practicar a suma, resta e a multiplicación.
-Contemplade o pór do sol.
-Xogade a un xogo de mesa en familia.
-Facede exercicio.
-Facede unha cabaña.
-Mirade ás estrelas de noite.
-Xogade, e xogade e xogade moito!


Esperamos vos gustase o blog e vos fose de utilidade neste tempo, o vindeiro curso... continuaremos.

miércoles, 17 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Hoxe toca un adestramento de forza, resistencia e pliometría cun rapaz que quere chegar ó verán en plena forma, e amósanos nos seguintes videos os seus métodos de traballo.
Se segue a este ritmo...pronto estará preparado para  ir a unha maratón, un triatlón ou unha Olimpiada.




Estamos moi satisfeitos de ter unha xeración de atletas e deportistas de tan alto nivel en Galán. 

Bravo, a seguir así!

martes, 16 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Como nos enche de ledicia ver a estes rapaces de novo. Nesta ocasión amósannos diferentes modalidades deportivas para practicar na casa e na rúa.
Dixéronnos tamén que estivéstedes practicando o baile de "madre terra" pero non conseguístedes envialo. Non vos preocupedes e gracias por intentalo.
Parécenos moi interesante que participásedes no tradicional torneo "Migueliño" de Judo, unha moi boa iniciativa facelo on line.
Pasamos a mostrar as vosas imaxes que xa o relatan mellor ca min, parécevos?

Bravo campións! Esperamos que poidades disfrutar dun verán cheo de xogos e paseos. 

Un abrazo!

domingo, 14 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Seguimos recibindo mostra da grande canteira de deportistas que temos en Galán, e neste caso cun rapaz polifacético que polo que observamos aproveitou ó máximo as fases da desescalada para recuperar o tempo perdido. 

Este rapaz é un todo terreo. Mirade a cantidade de actividades que lle deu tempo a practicar:

Aquagym


Tenis de mesa


Ciclismo; estrada e montaña






Moitísimas gracias por mandarnos os teus videos, a verdade é que o fas xenial e gústanos moito verte tan activo, así que non pares! 
Practicar todas esas disciplinas en medios diferentes,fará que desenvolvas unha gran variedade de habilidades ademáis de ser moi enriquecedor e divertido.

Un abrazo e ata pronto! 

miércoles, 10 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

E agora con todos vós, unha deportista 3 en 1 que nos manda materiais dunhas das moitas disciplinas que manexa. Neste caso ciclismo, dominio de exercicios ximnásticos e danzando dúas coreografías; a primeira da canción"Dance" de Justin Timberlake e a segunda "Madre Tierra" de Chayanne.
Encántannos ademáis todos os teus looks moi adecuados para cada situación. Estás feita toda unha artista-deportista.

Moitas grazas por amosarnos tantas cousas, agardamos que estés disfrutando e aproveitando para xogar nestes días que xa podedes estar máis en contacto coa natureza.




Tamén queremos destacar outro rapaz que nos quixo mostrar en imaxes o seu poderoso sprint. Coidado con esa cámara, que este rapaz é coma un raio!


E por último, unha nena que tamén podería formar parte de ese club ciclista que nos estades demostrando que podedes completar. 

Mirade que dominio ten e o ben que o fai:



Así nos gusta, ademáis dando exemplo cunha boa protección.

 Con velocidade pero con cautela, perfecto!

lunes, 8 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Eu de vós tería coidado cos nenos/as que vos presentamos a continuación, xa que dominan diferentes chaves dunha poderosa arte marcial chamada Ju-jitsu, e nas fotos poderedes observar algunha delas como "o Mata león" ou "O triángulo". Pero non debemos temer porque o fan só por diversión e formación nunha disciplina moi interesante.
Ademáis dinnos, que tódolos días corren media hora na cinta e que fan moitas excursións porque lles encanta trepa-las árbores. Eso sí, non lle fagades o Mata león a ningunha vale? je,je.

Nadan, andan en bicicleta...en fin, mellor que o vexades vós mesmos:







Moitas gracias polas fotos, vese que o estades pasando fenomenal! Unha aperta moi forte.

viernes, 5 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

A continuación, temos unha gran demostración multideportiva por parte de dous irmáns que traballaron moito durante éste confinamento e queren amosárnolo a través de estes dous videos.
Non sabemos se estiveron comprobando quen fai mellor cada cousa, pero o que sí é seguro, é que o pasaron fenomenal coa colaboración dos seus familiares.

Encántanos ver tal diversidade de actividades e vervos tan en forma.

Gracias por enviarnos os vosos videos!



Xogos na natureza

Buscando buscando, atopamos unha páxina interesante que nos fala de como achegar a Educación Ambiental os nosos pequenos a través de 4 divertidos xogos.

É importante ter claro que na natureza os nenos/as aprenden, os entornos naturais amosan valores e debemos estar concienciados desde novos da importancia que ten coidar o noso medio ambiente. 

Enseñar a los niños a cuidar el medio ambiente

1. Dar paseos pola natureza

Quizá podemos facer unha excursión á montaña, podemos planear unha tarde de sendeirismo, unha ruta por un val...
Podemos aproveitar estas xornadas silvestres para contarlles ós pequenos que non podemos deixar no campo os desperdicios que xeramos na comida, que hai que respetar os ecosistemas que nos rodean, que non podemos levantar as pedras porque poderiamos estar estropeando a casa dalgún insecto...

2. O xogo das pistas
A natureza é o lugar idóneo para organizar un xogo de pistas para os nenos. Trátase de ir deixando unha serie de códigos ou de pegadas de animais que deben ir adiviñando. Tamén lles podemos propor que averigüen as especies de árbores que os rodean ou os cantos dos paxaros que se escoitan... Todos estos xogos conseguirán que os nenos se deteñan a observar e vivir o entorno natural que os rodea.

Actividades infantiles sobre el medio ambiente

3. Plantar un garabanzo

Unha actividade tan sinxela como plantar un garabanzo nun pequeno envase (ou parte de embaixo dunha botella) pode ser moi emocionante. Os nenos/as vivirán todo o proceso de plantación, regado e crecemento dunha planta.

4. Encesta os residuos

Collemos caixas ou cestas ós que lles poñemos algún tipo de cartel dunha cor: azul, verde, amarelo ou marrón. Trazamos unha línea no chan, que será onde se situarán os participantes do xogo, e a certa distancia poñemos as caixas ou cestas. A continuación, dámoslles ós nenos/as distintos residuos: botellas de plástico, unha revista de papel, a cáscara dun plátano... ¿Serán capaces de encestalos no contenedor adecuado?

Esperemos que poidades disfrutar da natureza nestes días na compaña das vosas familias.Un saúdo!

lunes, 1 de junio de 2020

Agora tócache a ti!

Estamos de noraboa, xa que temos a primeira coreografía da canción "Madre Tierra", interpretada por dous grandes amigos que amosan gran compenetración e habilidade para o baile. Nótase que estivéstedes practicando!

Grazas polo voso empeño e esperamos que disfrutásedes facendoo. 


(Lamentamos non poder subir o video de máis calidade, xa que excede o tamaño máximo permitido polo blog)

viernes, 29 de mayo de 2020

Agora tócache a ti!

Como nos gusta mostrar de novo outro "compás" feito polos nosos rapaces.

Neste caso ademáis, non se conformou tan só con mostrarnos as súas grandes dotes nas manualidades, senón que coma todo un profesional nesto da Educación física e con casi máis material do que temos no noso pavillón, creou un circuito de habilidades moi completo que faría sacar a lingua fóra ó deportista máis en forma.



Mirade o ben que o fai. Moi bó traballo!

Eu non sei vós, pero tras ver este video necesito beber un pouco de auga. Que circuito tan esixente!

martes, 26 de mayo de 2020

Expresión corporal: bailes sinxelos

Aquí vos deixamos outro exemplo de coreografías sinxelas que podedes imitar, neste caso inspiradas en películas musicais. 
Esperamos que vos gusten, pero podedes atopar moitas outras semellantes e interesantes buscando.


Ánimo e a bailar!

domingo, 24 de mayo de 2020

Expresión corporal:coreografía "Madre tierra"

Para que sigades mandando os vosos videos e darvos novas ideas, neste caso propoñemos unha actividade relacionada coa expresión corporal e a danza. 

Imos colgar a coreografía desta popular canción do cantante Chayanne, neste caso coa coreografía incorporada do grupo Zumo Dance, para que sós ou na compañía das vosas familias tratedes de imitala o mellor que poidades e nola mandedes.

Non dubidedes en incorporan novos pasos, xa que do que se trata é de pasalo ben e de paso espertar a vosa imaxinación.

Ánimo! agardamos que sexa do voso agrado e todo o mundo a bailar!


Agora tócache a ti!

Xa dixeramos en entradas anteriores, que o futuro ciclista da escola estaba asegurado pero agora todavía máis, xa que varios alumnos/as quixeron facernos chegar as súas imaxes demostrando o bós que son nesta faceta.




Ademáis, tamén nos chegaron outras facendo outro tipo de actividades como poden ser o dominio dos toques de balón, o parkour (dando saltos nas escadas), ou nestes días que xa se fixo tan común, na propia casa con máquinas e aparellos adaptados para poder facelo (cintas, elípticas, etc).


Agora tócache a ti!

No día de hoxe, espertamos con ganas dun domingo de deporte e fixámonos nun rapaz que domina varias disciplinas, demostrando que non hai ningunha que se lle resista. 
Tanto comba, como toques de balón, bicicleta,golpeos de boxeo...un deportista talentoso e moi completo como ides observar a continuación:







Así nos gusta, que practiquedes moitos deportes e xogos diferentes, pero ei! vai a modo que senón con todo ese dominio...en breve roúbasnos o posto de mestre de Educación Física na escola na escola.

Unha forte aperta e a seguir así de ben!

sábado, 23 de mayo de 2020

Orientación: rutas de sendeirismo por Arteixo

Aproveitando a temática da orientación e que agora podedes gozar dun pouquiño máis de liberdade para facer actividade física ó aire libre coas vosas familias, ímosvos recomendar unhas rutas de sendeirismo que podedes facer en Arteixo e zonas próximas se vos apetece.

Imosvos deixar dous enlaces con diferentes rutas orientativas:



Esperemos que vos sexan útiles e do voso agrado!

Por último nesta entrada, queremos resaltar o gran traballo que estades a facer nestes días, e énchenos de orgullo ver que as nosas propostas son atractivas para vós.
Unha mostra máis témola neste maravilloso compás elaborada por unha rapaza que xa é habitual no noso blog. Mirade que maravilla:


Moitas grazas polo teu traballo e interese!

Agora tócache a ti!

Cada día vannos chegando máis e máis mostras dos grandes deportistas que temos no noso centro, e nesta ocasión temos uns videos no que os seus protagonistas demostran grandes habilidades coordinativas e motrices, cun dominio inusual dun elemento pouco común ata esta cuarentena como é o papel hixiénico ou por exemplo saltando á comba:





Son tan rápidos e destros nos seus movementos que parecen un só, pero non non, son dous fenómenos no ambito da actividade física. 

Trataremos de seguir os vosos pasos rapaces!

miércoles, 20 de mayo de 2020

Orientándonos polo mundo

Para que teñades máis alternativas agora que xa podedes experimentar un pouquiño na natureza ímosvos deixar un pequeño tutorial de cómo podedes facer un xogo de orientación ou iniciarvos na orientación.
Vós mesmos, podedes elaborar un mapa dunha zona cercana no voso barrio ou mesmamente da vosa casa e averiguar en que orientación (Norte, Sur, Este ou Oeste) se atopan certos obxectos ou estancias.


Para crear un compás se non  tedes na casa, ímosvos ofrecer dúas maneiras e coa necesaria axuda dos vosos familiares poderedes elaboralos (é unha proposta, entendemos que pode resultar complexo e por iso ofrecemos alternativa sin él).



Se non vos atrevedes co compás ou vedes moi complicado elaboralo, ímosvos dar unha proposta que tanto podedes facer na casa como na rúa e para a que tan só necesitades elaborar un mapa.


Son só ideas, deixade voar a vosa imaxinación e a ver que inventades!

Agora tócache a ti!

Para demostrar que todo vai saír sobre rodas, que mellor que a reprentación que temos a continuación:

En primeiro lugar, as rodas que nos levan son as dunha gran patinadora que percorre con gran decisión os camiños que se lle poñen por diante.


Pero tamén tendes a opción de subir nesta bicicleta, que o seu dono manexa con especial destreza e sempre sen descoidar a seguridade co seu casco por bandeira.

Iso é!


 Seguide avanzando rapaces, pero ollo que despois queda o camiño de volta, gardade enerxías!

martes, 19 de mayo de 2020

Agora tócache a ti!

Facemos agora un mix de varios alumnos/as que nos mandaron algunhas imaxes e algún video practicando as súas actividades favoritas pero tamén innovando e traballando as súas habilidades tanto mentais como motrices, o cal nos alegra moito.

En primeiro lugar, neste video que vos deixo, observamos como éstes dous rapaces xunto coa inestimable colaboración dos seus familiares, ofrécennos unha gran cantidade de variantes para despertar a imaxinación e atención.

Fixádevos ben:


Que campións, merecen un forte aplauso! 

Moitas grazas, sodes uns grandes deportistas, non cabe dúbida.


Tamén temos algunha nova andanza de caras coñecidas, rapaces e rapazas que non son capaces de tomar un descanso e deíxannos imaxes coma estas:

A) Xogadora profesional de futbolcesto; ninguén aproveita mellor o balón ca ela.


B) O sparring máis temido que fai tremer o puching e os cadriláteros...


Canto nos gusta verbos así de activos. Ánimo e que nada vos pare!

Agora tócache a ti!

A continuación, unha demostración de versatilidade a que nos trae esta rapaza nos videos que podedes observar a continuación: dominio do aro, da comba, da pelota no frontón, da velocidade perseguindo a un difícil contrincante...

Pero non vos pensedes que agota as súas enerxías, esta rapaza está máis que preparada para calquer reto que se lle poña por diante. 

Mirade, mirade:






Gracias por mostrarnos os teus xogos e como aproveitas o teu tempo para facer actividade física. Agardamos verte pronto con máis mostras e...coidado co can, que creo que quere quedarse con ese peluche! 

viernes, 15 de mayo de 2020

Agora tócache a ti!

Nesta ocasión queremos mostrar o traballo realizado por un rapaz que aproveitou a cuarentena para continuar cos contidos e coa unidade na que nos vimos forzados a rematar o curso, o balonmán.
Neste video e este traballo anexo que nos mandou, quedan reflexadas as bases e normas principais que engloba este deporte. Pero mellor que o vexades e escoitedes vós mesmos por medio do seu protagonista.




Moitas grazas polo teu esforzo e polo seguimento no blog e na web, bo traballo! Un saúdo. 

Reto 5: Baile Tik Tok

Faltábanos unha mestra de Educación Física por lanzar un reto e aquí o temos. Trátase do baile viral de Tik Tok no que necesitamos un compañeiro/a, a canción "Oh na na na dance challenge" de Tik Tok e unha boa coordinación de pés.
Fíxádevos no ben que se lles da e no ben que queda. Tratade de facelo e xa tedes unha idea máis da que nos podedes amosar o ben que o facedes.


Seremos capaces de facelo? Fixádevos ben nos movementos que fan coas caras do pé, imos ter que velo varias veces para facelo ben. 
Adiante, imos aló!

Agora tócache a ti!

Unha mostra máis do implicados/as que están os nosos alumnos, son estas imaxes que nos envía este rapaz practicando diferentes propostas de actividade física como: exercicios aeróbicos e de flexibilidade, xogo da oca con movemento...




Encántanos vervos tan activos e difrutando coa práctica de actividade física.

 Moitas grazas polas imaxes!

Agora tócache a ti!

Temos agora unha rapaza que xunto a un familiar aceptou o reto do papel hixiénico.
Non temos dudas de que andivo practicando nestes días e seguramente pronto mandará outro video superando o seu récord, pero claro e que xa sabedes que cando nos da a risa... é máis difícil manter a concentración jaja.


Moitas grazas polo video, esperamos ver máis mostras das túas habilidades pronto e que aceptes ou lances novos retos. Un forte abrazo!

Agora tócache a ti!

Nesta entrada ímosvos presentar a dous grandes atletas que optan pola bicicleta como ferramenta para practicar actividade física e manterse en forma.

No primeiro caso, esta rapaza estivo traballando moi duramente coa elíptica na casa para agora converterse en toda unha bicivoadora pola rúa. 
Traballou tanto as pernas que agora resulta imposible para os seus pais alcanzala cando saen a dar un paseo.


Por outra banda, tamén temos un rapaz, un todoterreo para o que non hai lugar imposible e cruza os montes da nosa cidade a toda velocidade. É un paxaro, é un avión, non, é...


Ánimo campeóns! O equipo ciclista de Galán está asegurado con vós.

lunes, 11 de mayo de 2020

Agora tócache a ti!

Agora temos un gran despliegue de habilidades en diferentes disciplinas de dous rapaces que nos da a impresión que non estiveron parados moito tempo. A este paso, vémolos nas próximas Olimpiadas, qué enerxías!

Aquí van algunhas mostras do que estes pequenos estiveron facendo durante este confinamento:









Como vedes manexan todo tipo de disciplinas, tende coidado que agora poden saír de casa, se os vedes non lles dedes ningún tipo de balón ou material ou teranvos xogando toda a tarde.

Coidado, deportistas e con moitas enerxías.

Agora tócache a ti!

A continuación, temos outra divertida demostración de como seguir practicando actividade física na casa, neste caso a través dun circuito de habilidades do máis orixinal:


Qué divertido! Esta nena demostra que se mantivo en forma durante este confinamento, menudo despliegue de capacidades.

Estanme dando ganas de montalo na casa e practicar, que dicides, a vós tamén?

Grazas, e séguenos mostrando as túas  evolucións e novas ideas!

Agora tócache a ti!

Moi ben, xa chegaron as primeiras autorizacións! e estamos encantados de poder mostrarvos aos vosos compañeiros practicando actividade física e xogando nas súas casas e tamén na rúa.

Por privacidade, non imos a poñer nomes nen curso, simplemente explicaremos un pouco o que están practicando neses videos ou imaxes, pero como se di...unha imaxe vale máis que mil palabras.

En primeiro lugar, estamos encantados de mostrar como xogades a algunhas das propostas do blog, e
aquí temos unha gran demostración de como xogar "Á Oca en movemento":


Pero non pensedes que esta alumna se quedou ahí, non non, tamén nos mostra as súas habilidades en diferentes disciplinas como Weng Chu (arte marcial), baloncesto ou na bicicleta.


Estás feita unha campeona, gústanos moito verte tan activa! Grazas polos teus videos.

viernes, 8 de mayo de 2020

Aviso importante!


Bos días nenos/as, para que poidamos subir os vosos videos ó blog de Educación Física, necesitamos que nos enviedes este permiso de imaxe cuberto polas vosas familias(*adxuntamos permiso xusto debaixo). Sería suficiente con que imprimades a imaxe, cubrades os datos e firmedes a folla, sacades unha foto completa da mesma e enviades esa imaxe para que nós poidamos arquivala.

Lembrade o noso correo do blog: pequeximnasticos@ceipgalan.org

(*gardade esta imaxe no escritorio e imprimídela despois)

Non vos preocupedes, e seguide mandando materiais, porque de non ser capaces ou non poder cubrir a autorización e reenviala, recopilarei os materias dos que non teñen autorización, e inda que non poderán aparecer directamente no blog no rincón:"Agora tócache a ti", si poderán facelo na web do centro se tendes cuberto o permiso de imaxe que vos deron os vosos titores ó iniciar o curso.

Tratade de facelo se podedes, xa que seguro os fai gracia e motiva ver os vosos videos e imaxes no blog e tamén as dos vosos compañeiros. Entendo que é un pouco engorroso pero é por garantir a vosa seguridade e privacidade.

Por favor, nos videos e fotos que mandedes poñede o nome, vale? Agardo as vosas autorizacións dende xa! 

jueves, 7 de mayo de 2020

Novo correo para envíos

Bos días, deixámosvos aquí a dirección de correo electrónico para que mandedes os vosos videos, fotos...por se tendes problemas en Edixgal e na aula virtual.

pequeximnasticos@ceipgalan.org

Unha vez comprobemos os requisitos de privacidade e teñamos certo material iremos incluíndo o que  nos mandedes no apartado:  "Agora tócache a ti"no que visualizaremos as vosas aportacións e ideas.



Un saúdo! Mandade os vosos materiais, queremos que os protagonistas sexades vós.

miércoles, 6 de mayo de 2020

Agora ...tócache a ti!

Ben rapaces, nestes días estivemos colgando videos e enlaces para ofrecervos alternativas para facer principalmente na casa e esperamos que esteades tomando algunha idea e practicando algún dos que vos suxerimos.

Como vedes, no blog hai diferentes temas coma: retos, xogos tradicionais, con material de reciclaxe, alternativos,coreografías... e queremos que agora se queredes nos mandedes os vosos videos,fotos, debuxos... practicando todo tipo de actividade física(obviamente podedes facelo e gustaríanos tamén cos vosos familiares) que posteriormente podemos colgar no blog se vos parece e apetece.

Para poder envialos, imos crear unhas carpetas co nome: material para o blog de E.F , tanto na Aula virtual como en Edixgal para que poidades enviarnos o voso material.


A continuación, deíxovos un video dun reto de toques, no que seguramente recoñezades a 
un dos participantes. 

Animádevos a facelo!


Agardamos os vosos materiais. Tócavos!

Recursos educativos: Edu clan


Queremos destacar no noso blog un recurso educativo que vos pode ser de utilidade e no que poderedes atopar certas actividades de Educación Física, pero non só de Educación Física, senón tamén doutras materias, enfocadas dun xeito lúdico e divertido que vos poden resultar interesantes.

Os contidos están agrupados por grupos de idades polo que non importa a vosa idade. Deixámosvos o enlace na columna dereita do blog para que poidades acceder sempre que queirades.

Xogos con material de refugallo: os bolos finlandeses

Estes días de confinamento, nos que pasades moitas horas na casa, podedes aproveitar para crear os vosos propios materiais e xogos dun xeito moi sinxelo.

Como exemplo, neste video poderedes observar un xogo chamado "os bolos finlandeses" que podedes elaborar simplemente cunhas botellas de auga, papel e rotuladores ou bolígrafo.

Lembrade que a vosa imaxinación é moi poderosa e non sempre é necesario gastar nun material caro para pasalo ben, imos aproveitar o que temos o noso alcance, de acordo? 



martes, 5 de mayo de 2020

Deportes alternativos: Sopra bola e Centerball


Imos agora con outro tipos de deportes ou xogos, como son os alternativos, que se crean en base a outros que xa coñecemos ou con reglas similares pero que dan lugar a un novo xogo ou deporte.

Por exemplo: Eu podo imaxinar un deporte como o fútbol e outro como o tenis e daría lugar a un novo deporte chamado fútbol-tenis no que xogamos cunha rede no medio pero no que os golpeos se realizan co pé e non cunha raqueta. Mesturamos as normas de ambos deportes e xa temos un novo.
Poden ser deportes ou xogos, e simplemente con modificar elementos obtemos un novo.

A continuación, deíxovos dous exemplos para que o entendades, pero ide despertando a vosa imaxinación para pensar noutros diferentes e posteriormente poderemos seleccionar algúns e compartilos no blog. 

No segundo video, ides a ver un deporte alternativo chamado "Centerball" , que nun principio se xoga por equipos e cunha táboa de madeira pero que podedes adaptar para xogar individualmente contra outra persoa ou en parellas, e por exemplo cun pedazo de cartón. Como vos digo son deportes ou xogos que podedes adaptar.

Ide pensando e a ver que ideas se vos ocurren para posteriormente poñer en práctica.





lunes, 4 de mayo de 2020

Seguimos xogando cos máis peques

Continuando coa línea de actividades para traballa-la psicomotricidade propostas, engadimos nesta nova entrada unhas poucas actividades máis para que poidades practicar no tempo que estades na casa. 

Esperamos que vos gusten, a seguir e non paredes de movervos!


Adestramentos sinxelos para facer na casa

Aquí tendes unha serie de exercicios adaptados para que poidades facer na vosa casa, sempre coa supervisión dun adulto, cun quencemento e tempo para estirar posterior á actividade adecuado e respectando os tempos de recuperación e hidratación.

Inda sodes moi novos, pero está ben que teñades unha pequena toma de contacto con exercicios e movementos que en breve serán cotidianos e comúns para vós.

Un exemplo de dinámicas sinxelas que podedes practicar cada certo tempo son as seguintes:





Despois do exercicio lembrade sempre...estirar! Aquí tendes algunhas ideas:



Xogos tradicionais: "A rá"


Continuando cos xogos tradicionais ou populares, ímonos parar agora no xogo da rá. Este xogo no que traballamos fundamentalmente o lanzamento de precisión, consiste en tratar de meter unhas boliñas ou chapas nos diferentes buratos ós que lles daremos unha puntuación segundo a súa dificultade, que normalmente ven dada pola distancia á que se atopa ou polo tamaño do burato.

Deixámosvos un tutorial no que podedes observar como facer un xogo da rá doméstico e a continuación unha serie de enlaces nos que observaredes outro tipo de alternativas.
Podedes pensar máis xeitos de construir a vosa propia e orixinal rá para poder xogar. Seguro que tendes algo preto de vós que vos serve para creala. 



Outros enlaces para poder crear un xogo da rá diferente que podedes consultar son os seguintes:




domingo, 3 de mayo de 2020

Xogos tradicionais

Bos días! Hoxe queremos deixarvos un video no que se recopilan unha gran cantidade de xogos tradicionais galegos para que teñades de referencia, e posteriormente trataremos de practicar algún que poidamos levar a cabo na propia casa ou nos momentos que agora podedes estar na rúa cos vosos familiares.
En primeiro lugar votade un vistazo:


Seguramente, xa coñeciades moitos dos xogos que aparecen neste video, por iso se chaman tradicionais ou populares, porque son ou foron moi practicados na zona onde vivides.

A continuación, para que poidades comenzar a practicar, imos propoñer"O 3 en raia ".


A versión común, é moi sinxela e podedes xogar nun papel. Simplemente debedes elexir cruces ou círculos e xogando por turnos cun compañeiro/a, conseguir poñer 3 círculos ou 3 cruces en línea.
Pode ser tanto en posición vertical, como horizontal ou diagonal.
Esta sería a versión tradicional e máis sinxela pero ímosvos propoñer outras posibles alternativas.

Neste primeiro video aparece unha versión por equipos como exemplo, que poderiades adaptar como ides ver no segundo video para xogar só con dous xogadores.

Inda que vexades que empregan aros ou petos de cores, vós podedes xogar con tapóns ou chapas de diferentes cores e en lugar de aros podedes pintar con tiza no chan na rúa ou facelo con cinta adhesiva na casa ou vasos de plástico no que poidades meter os vosos tapóns. Esto só son ideas, despertade a vosa imaxinación para adaptar o xogo.



Aquí un exemplo dunha variante divertida para dous, que tamén podedes facedes facer na rúa ou nun corredor da vosa casa(pero ollo, sen lanzarse ó chan , vale? jaja). 


E unha versión máis...complicada! jaja


Esperamos que vos guste e o practiquedes. Un saúdo!

martes, 28 de abril de 2020

Reto 4 (Equilibrio e coordinación)

Retomamos os retos físicos e neste caso imos facer un reto con globos, pero non vos preocupedes, que se non tedes globos, que a continuación, propoñemos unha alternativa diferente.

A)Desafío globos:


B)Desafío coordinación y equilibrio:


O segundo é algo máis complexo, pero estou seguro de que o ides superar sen problemas! 

Ánimo que o retorno á normalidade está cada vez máis próximo, non nos imos a render agora.

Circuitos motrices (Psicomotricidade)

Nestes videos que vos deixamos a continuación, poderedes tomar novas ideas para xogar cos vosos nenos/as e con diferentes materiais xa que somos conscientes de que non temos de todo na casa , por iso na variedade está o gusto como se dí.


Tomade ideas e tratade de poñelas en práctica, segura que podedes:






Estaredes pensando...pasar por riba da mesa? Sí, tendes razón hai cousas que mellor non facelas salvo que teñades material moi vello claro.

Só ideas, non destrozos, vale rapaces? Adaptade sempre o material para non causar estragos. 

lunes, 27 de abril de 2020

Xogamos con material de refugallo

Hoxe imos ver unha serie de xogos con material de reciclaxe que podedes facer na casa durante estes días:


A) "As pontes de cartón"

Este xogo ten como fin pasar un obxecto (chapa ou tapón) por un tubo de papel ou cartón (papel hixiénico, rollo de servilletas).

O tubo pegase no chan con cinta ou celo e xa temos unha ponte. Pódese xogar co número de xogadores que queiramos.

A idea é que despertedes a vosa imaxinación creando diferentes circuitos con diferentes materiais e tratar de superar tódolos obstáculos.


B) "Imos ó turrón"

Este xogo consiste en colocar por casa calcetíns, trozos de cartón ou o que queirades, de xeito que haxa que lanzar chapas, tapones ou calquer outra cousa.
O obxectivo é que o obxecto se quede enriba do calcetín ou trozo de cartón.
Podemos usar diferentes sistemas de puntuación como o que o consiga primeiro ou o que máis consiga en 10 lanzamentos etc.


C) "Aterriza como podas"


Por parellas, cada un co seu propio avión de papel.

O xogo consiste por turnos, en lanzar o avión de papel tratando de que aterrice nalgunha parte do compañeiro, por exemplo as mans, sen tocar o chan. Un ha variante e que  a persoa que non lance poda moverse para tratar de collelo antes de que caia.

No caso de que caia ó chan, cambiamos de lanzador.


Deixámosvos un tutorial para facer avións chulos por si vos interesa:



Probade algún ou todos eles e xa veredes que divertido!

Un saúdo, esperamos que vos gusten.