Estes días de confinamento, nos que pasades moitas horas na casa, podedes aproveitar para crear os vosos propios materiais e xogos dun xeito moi sinxelo.
Como exemplo, neste video poderedes observar un xogo chamado "os bolos finlandeses" que podedes elaborar simplemente cunhas botellas de auga, papel e rotuladores ou bolígrafo.
Lembrade que a vosa imaxinación é moi poderosa e non sempre é necesario gastar nun material caro para pasalo ben, imos aproveitar o que temos o noso alcance, de acordo?
Hoxe imos ver unha serie de xogos con material de reciclaxe que podedes facer na casa durante estes días:
A)"As pontes de cartón"
Este xogo ten como fin pasar un obxecto (chapa ou tapón) por un tubo de papel ou cartón (papel hixiénico, rollo de servilletas).
O tubo pegase no chan con cinta ou celo e xa temos unha ponte. Pódese xogar co número de xogadores que queiramos.
A idea é que despertedes a vosa imaxinación creando diferentes circuitos con diferentes materiais e tratar de superar tódolos obstáculos.
B) "Imos ó turrón"
Este xogo consiste en colocar por casa calcetíns, trozos de cartón ou o que queirades, de xeito que haxa que lanzar chapas, tapones ou calquer outra cousa.
O obxectivo é que o obxecto se quede enriba do calcetín ou trozo de cartón.
Podemos usar diferentes sistemas de puntuación como o que o consiga primeiro ou o que máis consiga en 10 lanzamentos etc.
C) "Aterriza como podas"
Por parellas, cada un co seu propio avión de papel.
O xogo consiste por turnos, en lanzar o avión de papel tratando de que aterrice nalgunha parte do compañeiro, por exemplo as mans, sen tocar o chan. Un ha variante e que a persoa que non lance poda moverse para tratar de collelo antes de que caia.
No caso de que caia ó chan, cambiamos de lanzador.
Deixámosvos un tutorial para facer avións chulos por si vos interesa:
Probade algún ou todos eles e xa veredes que divertido!