viernes, 27 de marzo de 2020

Reto 2: Malabares

Propóñemosvos un novo reto pero antes visualizade este vídeo:


Os primeiros rastros coñecidos son de máis de 4000 anos que se encontraron nas tumbas exipcias. Tamén as encontramos polo mundo adiante, na Roma antiga, China, nos aztecas, na idade media...

Agora ben, retámosvos que fagades as vosas propias bolas malabares e con elas poidades realizar todo tipo de lanzamentos. Para iso poñémosvos enlaces de como facelas con distintos materiales, de como facer os primeiros lanzamentos e así poder chegar a conseguir lanzalas dunha maneira cada vez máis complexa.

Ánimo e recordade canto máis practiquedes mellor vos saíra!!!!




martes, 24 de marzo de 2020

Reto 1: Stacking

O apilamento deportivo, tamén coñecido como apilamento de tazas ou apilamiento de velocidade, é un deporte individual e de equipo que consiste en apilar 9 ou 12 tazas en secuencias predeterminadas tan rápido como sexa posible.



Proposta: tratade de facer pirámides de 3, 6 e 10 vasos nun principio para despois tratar de imitar os movementos que se fan no tutorial.
Material: vasos de plástico ou cartón.

Alternativa...

No caso de non dispoñer dos vasos, poderedes optar pola opción dos castelos de naipes e facer castelos individualmente ou en familia, tratando de conseguir construilos máis rápidamente sen que caian.



Ánimo e divertídevos moito! En breve proporemos máis retos.

Presentación

Estimadas familias e nenos/as do CEIP de Galán, nestes momentos nos que por causa da pandemia estamos encerrados nas nosas casas e xurde a necesidade de entretermos con diferentes actividades e de manter un estilo de vida san e saudable, ímosvos propoñer unha serie de retos ou ideas para que fagades máis amena toda este tempo libre que debedes ocupar dalgunha maneira e por suposto no que a actividade física, pero tamén creativa, debe estar presente nas vosas vidas.
Sen máis, imos pasar á descripción do primeiro ou primeiros retos. Esperamos vos sexan de utilidade e sobre serven para que ocupedes unha parte do voso tempo de xeito lúdico e divertido. 

Estades preparados? Pois comezamos!