jueves, 18 de junio de 2020

Despedida veraniega

Chegado este día, tras moitos días compartindo con vós durante o confinamento e agora coa chamada nova normalidade, queremos desexarvos un feliz verán a todos e todas.

Agradecemos o voso esforzo enviando os vosos materiais e tódalas mensaxes valorando o noso traballo. Debedes saber que nós tamén valoramos moito o voso e non só sodes vos os que aprendedes coas actividades senón que nós coma mestres tamén aprendemos de vós día a día e desta incómoda situación que nos tocou vivir a todos.

Ós que cambiades de etapa, desexámosvos que teñades moita sorte na nova e foi un placer ser os vosos mestres e poder compartir moitos momentos con vós, votarémosvos de menos e esperamos que veñades a visitarnos.

Non teñades medo de trabucarvos xa que todo iso vaivos facer crecer coma persoas e ides ser capaces de superar calquer problema, só tedes que esforzarvos. 

Ó resto esperamos verbos en setembro polos corredores da nosa escola con total normalidade e con enerxías para recobrar o tempo perdido.

Para finalizar deixámosvos uns consellos que vos poden ser de utilidade para o verán e un pequeno obsequio dos mestres de E.F para vós:

-Construíde castelos de area.
-Lede un pouco tódolos días.
-Axudade a poñe-la mesa.
-Disfrutade dun concerto.
-Acampade na natureza.
-Facede manualidades.
-Probade un xeado diferente.
-Voade un papaventos.
-Escribide unha historia.
-Axudade a face-la compra de productos saudables para practicar a suma, resta e a multiplicación.
-Contemplade o pór do sol.
-Xogade a un xogo de mesa en familia.
-Facede exercicio.
-Facede unha cabaña.
-Mirade ás estrelas de noite.
-Xogade, e xogade e xogade moito!


Esperamos vos gustase o blog e vos fose de utilidade neste tempo, o vindeiro curso... continuaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario