Faltábanos unha mestra de Educación Física por lanzar un reto e aquí o temos. Trátase do baile viral de Tik Tok no que necesitamos un compañeiro/a, a canción "Oh na na na dance challenge" de Tik Tok e unha boa coordinación de pés.
Fíxádevos no ben que se lles da e no ben que queda. Tratade de facelo e xa tedes unha idea máis da que nos podedes amosar o ben que o facedes.
Seremos capaces de facelo? Fixádevos ben nos movementos que fan coas caras do pé, imos ter que velo varias veces para facelo ben.
Retomamos os retos físicos e neste caso imos facer un reto con globos, pero non vos preocupedes, que se non tedes globos, que a continuación, propoñemos unha alternativa diferente.
A)Desafío globos:
B)Desafío coordinación y equilibrio:
O segundo é algo máis complexo, pero estou seguro de que o ides superar sen problemas!
Ánimo que o retorno á normalidade está cada vez máis próximo, non nos imos a render agora.
Nesta ocasión propoñémosvos dous novos retos nos que as pelotas cobran especial importancia, pero no caso de que non teñades, tamén suxerimos outro tipo de actividade que co permiso e colaboración das vosas familias poderedes executar.
En primeiro lugar, visualizade o seguinte video:
Unha vez visto, tendes que tratar de facer o mesmo que fai a rapaza, tratando de meter unha pelotiña en cada vaso en menos dun minuto.
Variantes: no caso de non ter pelotas que boten podedes lanzar con outras e tratar de encestar directamente. Ademáis, non é necesario que o fagades nesa posición de plancha, senón que podedes facelo tamén de rodillas ou sentados no chan.
Posteriormente, podedes intentar facer éste, para o que necesitaredes elaborar un "vaso-cesto" co seguinte material:
Unha vez elaboraches o "vaso-cesto", como o seu nome indica, deberás tratar de meter a bola no mesmo o maior número de veces que che sexa posible. Conseguirás chegar a facer 5 sen ter ningún erro?
Por último, e se non tes posibilidade de practicar ningún dos anteriores, propoñemos un xogo chamado a alfombra máxica, no que deberas facer un percorrido marcado, que dependerá da vosa imaxinación.
Como xa fixemos anteriormente, tratade de facer o percorrido nun tempo máximo dun minuto e ide variando os obstáculos a esquivar.
Variantes: podedes apoiar as mans no chan a modo de remo para facer o percorrido, seguro que vos serán de moita axuda.
Ánimo! xa queda menos para estar de novo disfrutando de xogos na natureza e ó aire libre.
Propóñemosvos un novo reto pero antes
visualizade este vídeo:
Os primeiros rastros coñecidos son de máis de
4000 anos que se encontraron nas tumbas exipcias. Tamén as encontramos polo
mundo adiante, na Roma antiga, China, nos aztecas, na idade media...
Agora ben, retámosvos que fagades as vosas
propias bolas malabares e con elas poidades realizar todo tipo de lanzamentos.
Para iso poñémosvos enlaces de como facelas con distintos materiales, de como
facer os primeiros lanzamentos e así poder chegar a conseguir lanzalas dunha
maneira cada vez máis complexa.
Ánimo e recordade canto máis practiquedes
mellor vos saíra!!!!
O apilamento deportivo, tamén coñecido como apilamento de tazas ou apilamiento de velocidade, é un deporte individual e de equipo que consiste en apilar 9 ou 12 tazas en secuencias predeterminadas tan rápido como sexa posible.
Proposta: tratade de facer pirámides de 3, 6 e 10 vasos nun principio para despois tratar de imitar os movementos que se fan no tutorial.
Material: vasos de plástico ou cartón.
Alternativa...
No caso de non dispoñer dos vasos, poderedes optar pola opción dos castelos de naipes e facer castelos individualmente ou en familia, tratando de conseguir construilos máis rápidamente sen que caian.
Ánimo e divertídevos moito! En breve proporemos máis retos.