Proposta: tratade de facer pirámides de 3, 6 e 10 vasos nun principio para despois tratar de imitar os movementos que se fan no tutorial.
Material: vasos de plástico ou cartón.
Alternativa...
No caso de non dispoñer dos vasos, poderedes optar pola opción dos castelos de naipes e facer castelos individualmente ou en familia, tratando de conseguir construilos máis rápidamente sen que caian.
Ánimo e divertídevos moito! En breve proporemos máis retos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario