jueves, 23 de abril de 2020

Máis para os peques

Neste caso os xogos céntranse principalmente na memoria, como exemplo un divertido xogo que imita o xa popular "Simón" de repetir unha estructura de cores e que resulta moi motivador para xogar en parellas nas súas diferentes variantes como poderedes observar no video que segue:


Tamén outro xeito divertido de empregar as cadeiras que tendes en casa e que garda relación co anterior centrado na memoria, estade moi atentos e non perdade-lo voso sitio.


Por último, unha serie de xogos, dos que algún podedes tomar de exemplo para facer na casa :

Coreografías

Completando o diferente tipo de exercicios e actividades que vos propoñemos para estes días, a continuación ímosvos deixar unhas coreografías que vos poden servir de exemplo(non son as únicas) e das que existen gran variedade na rede.

Posúen unha gran variedade de movementos e ademáis son moi divertidas! Probade e seguro que vos encantan.





Recordade manter sempre o corpo en movemento. Que non se oxide!

lunes, 20 de abril de 2020

Psicomotricidade 1

Para os máis pequenos e para que non pensedes que nos olvidamos, ímosvos deixar unha serie de videos con exercicios moi sinxelos para que tamén poidades facer con eles e que vos sirvan de referencia para coller ideas interesantes e divertidas.


Neles poderedes observar unha serie de actividades para fomentar habilidades básicas.
(desplazamentos, saltos, xiros, lanzamentos, coordinación ou equilibrio)
Iremos colgando videos nos que aparezan todas elas para ofrecer unha variedade sufiente de alternativas para os máis peques.

A practicar e disfrutar!

Primeiros auxilios

Unha das tarefas que os mestres e pais debemos amosar ós nosos nenos/as e que tamén é necesario que nós coñezamos, é como actuar en casos de emerxencia, e a ter unhas nocións básicas de primeiros auxilios que poden axudar a salva-la vida de calqueira persoa.
Nestas idades son propensos a sufrir golpes, cortes, asfixias ou heridas que en ocasións requiren destes coñecementos.
A continuación deixámosvos unha serie de videos e algún xogo que pode explicar e amosar aspectos básicos e útiles para o conxunto da sociedade e tamén por suposto para os nenos/as.
Videos sobre primeiros auxilios:

 


  


Xogos sobre primeiros auxilios:




Grazas pola vosa colaboración e interese!

sábado, 18 de abril de 2020

Nutrición

Sen descoidar que a nutrición é parte moi importante a ter en conta para levar a cabo unha vida saudable, a continuación queremos deixarvos o enlace dunha páxina, que ademáis de interesante pode resultarvos moi divertida, xa que ademáis de información contén xogos interactivos relacionados coa temática en cuestión.

O enlace é o que segue:


Como exemplo da mesma os seguintes videos:



E tamén xogos como:



Non descoidedes a vosa alimentación nestes días de confinamento e tratade de manter unha dieta equilibrada.

 Ánimo rapaces!

martes, 14 de abril de 2020

De oca a oca...

Continuando coas actividades que propoñemos para este tempo de cuarentena, pensamos que pode ser unha idea divertida para xogar coas vosas familias unha oca un pouco diferente a que estades acostumados; "A oca da actividade física".

 Será de vital importancia como o seu nome indica...
Moverse, a vosa destreza e tamén cooperación coa xente que tendes na vosa casa.

Deixámosvos un enlace para un dado virtual por si non tendes na casa.


No caso de que vexades que algunha das actividades que impliquen contacto non son convintes para o momento (por exemplo: chocar as mans), facedeo simplemente simulando no aire o movemento.

E recordade, lavade moi ben as mans antes e despois de xogar ou facer calquer tipo de actividade física ou xogo..  

Esperamos que o pasedes moi ben. Moito ánimo!

jueves, 2 de abril de 2020

Reto 3: Motricidade e lanzamento de precisión

Nesta ocasión propoñémosvos dous novos retos nos que as pelotas cobran especial importancia, pero no caso de que non teñades, tamén suxerimos outro tipo de actividade que co permiso e colaboración das vosas familias poderedes executar.

En primeiro lugar, visualizade o seguinte video:


Unha vez visto, tendes que tratar de facer o mesmo que fai a rapaza, tratando de meter unha pelotiña en cada vaso en menos dun minuto.

Variantes: no caso de non ter pelotas que boten podedes lanzar con outras e tratar de encestar directamente. Ademáis, non é necesario que o fagades nesa posición de plancha, senón que podedes facelo tamén de rodillas ou sentados no chan.

Posteriormente, podedes intentar facer éste, para o que necesitaredes elaborar un "vaso-cesto" co seguinte material:


Unha vez elaboraches o "vaso-cesto", como o seu nome indica, deberás tratar de meter a bola no mesmo o maior número de veces que che sexa posible. Conseguirás chegar a facer 5 sen ter ningún erro?

Por último, e se non tes posibilidade de practicar ningún dos anteriores, propoñemos un xogo chamado a alfombra máxica, no que deberas facer un percorrido marcado, que dependerá da vosa imaxinación.


Como xa fixemos anteriormente, tratade de facer o percorrido nun tempo máximo dun minuto e ide variando os obstáculos a esquivar.

Variantes: podedes apoiar as mans no chan a modo de remo para facer o percorrido, seguro que vos serán de moita axuda.


Ánimo! xa queda menos para estar de novo disfrutando de xogos na natureza e ó aire libre.